O Museo Castro Chao Samartín ofrece aos seus visitantes un percorrido pola historia dun dos castros máis importantes do Noroeste peninsular, dende as últimas etapas da Idade do Bronce o século VIII-VII antes da nosa era e ata o século X, xa na Idade Media.
Nas súas salas exhíbense máis de 350 obxectos orixinais, recuperados no curso das escavacións arqueolóxicas realizadas nas últimas décadas e que son fonte de información de primeira orde para coñecer como viviron os moradores da antiga Ocela.
A exposición deseñouse para facer un percorrido polos momentos máis significativos do castro, ao tempo que se suscita a curiosidade e a necesidade de descubrir algo máis por parte do visitante. Deste xeito os visitantes poderán camiñar pola Idade do Bronce, a Idade do Ferro, a Época Romana e a Idade Media.
A misión do Museo Castro Chao Samartín é custodiar, conservar, ensinar, exhibir, difundir e investigar fundamentalmente o patrimonio do seu depósito arqueolóxico. E todo iso, dirixido a un público amplo e diverso que desexa participar activamente na conservación do Patrimonio Arqueolóxico e Cultural, coa finalidade de enriquecer o seu presente coñecendo o pasado.