O CASTRO

Vista xeral do castro Chao Samartin dende o Museo.

Vista xeral do castro Chao Samartin dende o Museo.

Visita Virtual CASTRO

IDADE DO BRONCE

Arredor do ano 800 a. C., na parte máis alta do promontorio do Chao Samartín e xunto á gran rocha, un grupo de persoas levantan unha gran cabana comunal (55 m2), que á súa vez delimitan e protexen cunha potente estacada de madeira duns 4 m. de anchura.

Algúns estudosos quixeron ver nestas primeiras estruturas uns marcados carácteres cultuais e non domésticos, dados os achados que neste espazo se produciron no curso das escavacións arqueolóxicas..

IDADE DO FERRO. CULTURA CASTREXA

En Asturias, a partir do século VII. a.C. e ata a súa incorporación á órbita do mundo romano, comezan a xurdir e desenvolverse un novo tipo de poboado fortificado, os castros.

Situaranse en lugares xeoestratéxicos do territorio, é dicir, naquel territorio onde poidan controlar e explotar os recursos, materias primas, defensa e comunicacións que lles permita o seu desenvolvemento.

Os castros deféndense fundamentalmente con fosos e murallas, delimitando e protexendo un recinto onde se levantasen as casas e outras estruturas de uso comunal..

Nalgúns castros, como é o caso do Chao Samartin, as murallas presentan un trazo singular, están realizadas en tramos independentes e xustapostos ou “módulos”. Este tipo de murallas foron definidas por primeira vez polo arqueólogo e profesor Dr. José Luís Maya González, nos anos 80 do século pasado.

Os modelos de casas deste período son variados, dende as de planta rectangular de esquinas redondeadas ata as circulares, espazo único e sen compartimentar, muros construídos con pedra (lousa e cuarcita) e teitumes en materia vexetal.

A praza aberta e cuberta, o edificio balneario (xa son de de época romana) e rúas pavimentadas son, entre outros, as infraestruturas comunais máis importantes do poboado.

ÉPOCA ROMANA

A chegada dos romanos ao castro supón importantes cambios e novidades, que se manifestarán nas estruturas e nos obxectos recuperados dese momento. Algúns reflexos desta nova situación, é a chegada de obxectos e produtos de importación de terras distantes, a incorporación de novos hábitos e costumes, o uso da escritura e a moeda,, a división das vivendas, a cobertura dos teitumes con lousa ou a construción dunha gran casa ao máis puro e clásico estilo romano: a Domus.

Este poboado, a antiga Ocela, verá a súa final repentino a mediados do século II da nosa era.

IDADE MEDIA

Entre o século VII e X e no espazo onde estaba situada a antiga domus romana, sitúase unha necrópole onde homes, mulleres e nenos buscaron o seu derradeiro descanso entre as ruínas do antigo poboado. É o último eco histórico de relevancia deste montículo amesetado sobre o río Cabalos.